Portada

A IMAXINACIÓN E A EXPRESIÓN ARTÍSTICA NA INFANCIA

Vigotski, Lev Traducción: Sherevera, Elena
KALANDRAKA
11 / 2016
9788484642817
Gallego
Biblioteca de Pedagoxía
4
Literatura infantil: de 0 a 12 años

Sinopsis

"A imaxinación e a expresión artística na infancia" foi unha
das primeiras obras do gran psicólogo ruso Lev Vigotski.
Escrita a partir dos coñecementos científicos do seu tempo
e publicada en 1930, segue a ser un texto fundamental,
tanto para promover a acción didáctica como para deseñar
políticas educativas democráticas.
Vigotski consideraba que a creatividade existe potencialmente
en todas as persoas; non é privativa dos xenios. Por iso afirma:
«A imaxinación adquire unha función moi importante
no comportamento e no desenvolvemento do ser humano.
Convértese no instrumento de ampliación da experiencia
do individuo porque unha persoa, partindo da base dun relato
ou dunha descrición allea, pode imaxinar aquilo que non ten
visto e figurarse o que non viviu directamente na súa experiencia
persoal: non se reduce aos estreitos límites da súa propia
experiencia, senón que pode aventurarse máis alá, adquirindo,
coa axuda da imaxinación, experiencias históricas ou sociais
alleas».

PVP
14,00